tecnoloxia.org

Electricidade. Introdución.

Ponte de Rande

Un mundo sen electricidade?

A electricidade é un fenómeno natural, un fenómeno físico, pero grazas á tecnoloxía as persoas somos capaces de xerala e aproveitala para innumerables aplicacións. Pensa e tódolos obxectos que se usan a diario nas vivendas, e tamén nas fábricas e centros de traballo. Atoparás multitude de obxectos, aparellos e sistemas que dependen directa ou indirectamente da electricidade.

Imaxínaste un mundo sen electricidade?
Envíanos a túa redacción para publicala nesta sección.

Ordear por · [Número] · [nome] · [curso] · [localidade]

[29] Daniel Martínez (3ºPDC) de Oia

lavadoiroUn mundo sen electricidade para min seria moi difícil de imaxinar porque tarefas que, a dia de hoxe, nos parecen doadas, como por exemplo facer a comida, bañarse etc. serian moi complicadas. Habería que ir bañarse os ríos e nos mesmos ríos tamén se había de lavar a roupa. Os pasatempos que teñen agora os rapaces como xogar á consola, ver a televisión, xogar no ordenador, xa practicamente nin existirían e xogaríase á pita, ás agachadas, ó fútbol, baloncesto etc, o cal non sería malo de todo.
Outro problema serían os medios de comunicación porque os teléfonos non existirían e habería que contarse as cousas por medio de cartas.
Un mundo sen electricidade sería moi diferente do que agora mesmo existe.

[28] Diego Vázquez Valerio () de Narón

A electricidade e necesaria para todo o mundo, porque un mundo sen electricidade e un mundo frío, sen luz, sen ordenador, sen televisión, sen consolas... Sería un mundo triste.

[27] Roberto Rodríguez López () de Narón

Un día sen electrecidade sería un imposible porque non teriamos nada,non se poderia facer nada porque sempre tes que ter electrecidade ,non pederiamos quentar nada no microondas como o leite e non se poderia tomar o leite.

[26] Clara y Nerea () de Narón

Un día sen electricidade estariamos a escuras pola noite e de dia haberia que aproveitar a luz do Sol. Haberia que cociñar con lume e non con cociña . Haberia que vestir con peles e cazar animais . Teriamos que vivir como fai 1000 anos . Non poderiamos utilizar nin o movil nin o ordenador nin o televisor. Teriamos que lavar a roupa a man e non coa a lavadora. Teriamos que alumarmos con candeas e non con lampadas.

[25] Wesley Otavio Lima Caetano () de Narón

Íbamos a estar como en el tiempo de las cabernas. Tendríamos que estar con tochas de fuego o si no lampadiñas .Si no tenemos energía ¿cómo vamos a cocinar, a lavar la ropa...?

Páxina 1 2 3 4 5 6 Seguinte
Listadas 5 dun total de 29 ordeadas por localidade

Suxestións: @   |   Actualizado o 13-09-2011

Creative Commons License