Electricidade. Prácticas e proxectos.
Deseño de circuítos
Cómpre que aprendas a deseñar os teus propios circuítos para adaptalos aos teus proxectos, xa que non sempre chos van dar feitos. Resulta moi útil utilizar un simulador de circuítos eléctricos para probar o seu funcionamento antes de facer a montaxe real.
A idea:
Por exemplo, para o seguinte proxecto de mecanismos de 2º de ESO os compoñentes do grupo querían que:
- Cando o semáforo está en vermello, a moto está parada
- Cando o semáforo ponse en verde, a moto empeza a moverse, accionada mediante un sistema leva-seguidor
- Ademais, incorpórase unha lámpada na casa cuxo funcionamento é independente do que fagan o semáforo e a moto.

Deseño e simulación:
Mediante o simulador crocodrile technology deseñamos o circuíto:
1. Para controlar o semáforo utilizamos un conmutador. O LED vermello colocámolo
nunha posición e o verde na outra. Como imos utilizar unha pila de 4,5 voltios
conectamos unha resistencia de 100 ohmios en serie con cada LED. ![]()
2. Queremos que o motor se mova cando o LED verde estea
aceso, así que conectámolo en paralelo con el. ![]()
3. Probamos o circuíto conectando unha pila e o
interruptor xeral.![]()
Probar
circuíto:
![]()
4. Por último conectamos a lámpada co seu interruptor.
Debemos conectala en paralelo con todo o anterior para que funcione de xeito
independiente. ![]()
Montaxe:
Cando xa comprobamos que o circuíto funciona, facemos unha planificación do cableado real. Fai un debuxo coa posición dos compoñentes no prototipo e debuxa a conexión dos cables. Isto axudarache a facer o circuíto real no teu prototipo.

Debes colocar os cables ordenados e non facer unha maraña xa que se hai algún fallo poderemos revisalo sen facernos un lío.