Electricidade. Prácticas e proxectos.
Nivel 1
Fabricación de compoñentes
Elixe:
Elementos de
manobra
Elementos
de suxeición
Pila cun limón
Fonte de
alimentación
Zoador
Xerador eléctrico
Motor eléctrico
Pila cun limón
Para construír unha pila cun limón necesitas electrodos de cobre (Cu) e de cinc (Zn).
Para o electrodo de cobre podes utilizar unha moneda de céntimos de euro, xa que está feita de aceiro recuberto de cobre. Convén limpala e lixala se ves que está moi sobada.
Para o electrodo de cinc podes utilizar un cravo galvanizado (recuberto con cinc)
Outra opción é utilizar un cravo de aceiro ou ferro no
canto do galvanizado, pero obteremos unha voltaxe inferior.



Agora proba conectar un LED a estes electrodos, e verás que se acende.
Lémbrate
de conectar a pata longa ao borne positivo (cobre) e a curta ao negativo (cinc).
Se non consegues acendelo podes probar con varias pilas-limón conectadas en
serie.
