LEDs

ledUn LED (Light Emitting Diode) ou díodo luminescente é un díodo que emite luz.

A luz dun LED provén dun cristal que emite ondas electromagnéticas visibles cando circula a electricidade.

Aplicacións

As aplicacións dos LEDs atopámolas como indicadores de funcionamento ou control de aparatos modernos: ordenadores, impresoras, panel de mando dos automóbiles, etc. Cada vez que vemos que pequenas luces acéndense para indicar algo, xeralmente trátanse de LEDs.

Os LEDs de alta intensidade utilízanse para iluminación, xa que presentan moitas vantaxes respecto a outro tipo de lámpadas: menor consumo eléctrico, maior resistencia e duración e menor tamaño.

ledConexión

Un LED ten os terminais de diferente tamaño. O grande é o ánodo, e debe conectarse ao positivo,  pois se o conectamos ao revés non conduce.

Protección

A tensión en bornes dun LED non debe exceder nunca de 2V nin pode circular una intensidade maior de 20 mA. En caso contrario queimaríase.

Como na maior parte das montaxes utilizamos unha tensión maior de 1,6 V, esta diferencia de potencial débese reducir coa axuda dunha resistencia colocada en serie

O valor desa resistencia dependerá de Vin:

cálculo da resistencia a conectar en serie co LED


Deixa un comentario