Electrónica

tecnoloxia.org

Portas lóxicas

Simboloxía

[Scratch: Portas lóxicas]
Relaciona cada porta lóxica co seu nome. Selecciona o tipo de símbolo (IEC ou US) ou o circuíto equivalente.
Preme no círculo laranxa e fai clic no nome que lle corresponde. A ver se non tes ningún erro!

Logic Beach

[Scratch: Logic Beach]
Un polbo está na area da praia de Rodas e vai quedar seco. Axúdao a meterse na auga acertando todos os valores das saídas das portas lóxicas que ves en pantalla. Tes un límite de tempo de 30 segundos. Se fallas, morrerá!

Grow the robot

Grow the robot: Debes conectar os fusibles nas portas lóxicas para proporcionar enerxía á cámara e facer que o robot medre. O número de fusibles é limitado, así que pensa ben onde colocalos para non desperdicialos. Se o robot non medra o suficiente non poderá defenderse ante as adversidades.

growtherobot.jpg

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.