Electrónica

tecnoloxia.org

Temporizador 555

555O 555 é un circuíto integrado dedicado e proxectado para aplicacións de temporizador e oscilador. É un dos máis populares e versátiles circuítos integrados xamais producidos. Está composto por 23 transistores, 2 díodos e 16 resistencias nun chip de silicio e ten un encapsulamento de 8 pins.

Antes de conectalo debemos identificar moi ben os pins.

555_01

  • 1. GND ou Terra. Conéctase a 0V
  • 2. TR ou disparo (trigger). Un pulso curto inicia o temporizador.
  • 3. Output ou saída. A ese pin conectamos o dispositivo de saída do temporizador (un LED, un zoador, un relé, …)
  • 4. Reset. Un intervalo de temporización pode ser interrompido pola aplicación dun pulso neste pin.
  • 5. Control de tensión. Normalmente déixase desconectado.
  • 6. THR ou umbral. O limiar no cal o intervalo finaliza.
  • 7. Discharge ou descarga.
  • 8. VCC. É a tensión positiva da fonte, que debe estar entre +5 e +15 V

Podemos conectar o temporizador 555 en funcionamento monoestable ou en funcionamento astable.

555 en funcionamento monoestable:

É un circuíto deseñado para conectar un dispositivo durante un tempo determinado e despois desconectalo.  A temporización depende do valor da resistencia en ohmios (R1) e da capacidade do condensador en faradios (C1)

t =1,1·R1·C1

O pin 2 é a entrada. Alí conectamos o dispositivo que inicia o temporizador. Pode ser un pulsador, un circuíto cunha LDR, etc.

O pin 3 é a saída. Alí conectamos un LED, un zoador, un altofalante, un relé, etc.

Selecciona a saída e observa a temporización: lámpada, relé
555 monoestable saída

555 en funcionamento astable:

Astable significa que o sistema non ten un estado estable, senón que a patilla 3 cambia continuamente entre dous valores. Podemos utilizar este circuíto para construír intermitentes, alarmas ou sinais sonoros, zoadores de pasos de peóns, etc.

A frecuencia (en Hz) da saída de pulso está determinada polas resistencias R1 (en Ω) e R2 (en Ω) e polo condensador C (en F).

f = 1,44 / [(R1+2R2)·C]

Os pulsos altos (high) e baixos (low) poden ser calculados por:

High time: t1=0,69 (R1+R2)·C

Low time: t2=0,69 (R2·C)

Selecciona a saída: lámpada, dúas lámpadas, 2 LEDs, 6 LEDs, zoador e lámpada, altofalante
cicuíto 2 circuíto 2

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.