Electrónica

tecnoloxia.org

Fabricación dun chip

O material máis importante dos chips é o silicio, un material semicondutor que se obtén da area rica en sílice (óxido de silicio SiO2). A partir da area extráese o silicio e purifícase. O silicio puro introdúcese un forno e dáselle forma de lingotes cilíndricos. Estes lingotes córtanse en láminas moi delgadas, chamadas obleas.

Sobre as obleas grávanse mediante técnicas moi complexas decenas ou centenares de circuítos miniaturizados. Posteriormente córtanse para obter os circuítos individuais (chips), que finalmente se encapsulan.

obleas recién cortadas oblea con circuítos gravados detalle de oblea micro sen encapsulado micro sen encapsulado. Parte traseira

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.