Electrónica

tecnoloxia.org

Partes dun chip

partes dun chipO circuíto miniaturizado está gravado nunha placa de silicio e constitúe a parte interna dun chip. Unhas conexións eléctricas conectan o circuíto cos pins ou terminais.

Os terminais metálicos ou pins, conectan o circuíto interior do chip co exterior.

A función do encapsulamento é protexer ao circuíto miniaturizado que hai no seu interior.  Pode ser de plástico ou de cerámica.

Cada chip consta dun código de identificación formado por números e letras inscrito no encapsulamento. Para identificar un chip buscamos este código na documentación técnica.

O encapsulamento ten unhas marcas: A ozca serve de guía para colocar ben o chip nun circuíto. O punto indica cal é o pin nº 1. A numeración das patas é importante porque cada unha delas ten unha función diferente.
marcas

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.