Electrónica

tecnoloxia.org

Implementar o circuíto

Unha vez temos a función simplificada o que debemos facer é construír o circuíto utilizando portas lóxicas. O procedemento é:

  1. Debuxa as entradas
  2. Engade portas NOT para negar as variables necesarias
  3. Realiza as multiplicacións mediante portas AND
  4. Realiza as sumas mediante portas OR

Exemplo 1 :

Obtención do circuíto da función S = A’ B’ C + A B’ C’

1. Comezamos por debuxar o tres entradas, A, B e C, e situar á beira delas tres portas NOT que nos permitan obter as funcións negadas A’, B’, C’.
2. Para obter A’ B’ C debemos multiplicar as variables correspondentes mediante portas AND. Facemos o mesmo para obter o produto A B’ C’ mediante portas AND
3. Por último, mediante unha porta OR sumamos A B’ C’ e A’ B’ C, obtendo xa a función de saída S.

Exemplo 2:

Pode suceder que nos dean un circuíto electrónico xa deseñado e que necesitemos obter a súa táboa da verdade para comprender o seu funcionamento.

Temos dúas maneiras de resolvelo:

1. Podemos ir seguindo o percorrido do circuíto e obtendo a función en cada cable até chegar ao saída S. Sabendo xa a función de saída, podemos obter a táboa da verdade. 2. Tamén podemos utilizar un simulador para construír o circuíto. Unha vez feito imos accionando os interruptores buscando todas as combinacións da táboa de verdade (Sen pulsar = 0, pulsado = 1)

A B S
0 0 1
0 1 0
1 0 1
1 1 1

 

Exercicios

1. Utiliza un simulador para implementar os circuítos das seguintes funcións:

Simuladores: Funcións:
  • S = A C + B’
  • S = A B’ + A’ B C

2. Obtén a táboa de verdade do seguinte circuíto:
 
A B C Saída Solución
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  

 

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.