Electrónica

tecnoloxia.org

Obter a táboa a partir da función

Pódese dar o caso de que nos dean a función lóxica a cumprir e teñamos que construír a táboa de verdade a partir dela. Para facelo temos que seguir os seguintes pasos:

  1. Construír unha táboa co número de variables que ten a función e a saída.
  2. Introducir os valores das entradas segundo a orde lóxica.
  3. Interpretar en cada sumando cales son os casos nos que a función vale 1
  4. Completar con ceros.

Exemplo:

Dada a función lóxica: S = A’ + BC + AB’C

En primeiro lugar escribimos a táboa colocando as filas na orde lóxica correcto e deixando ocos na columna da saída:

Teremos que pór 1 nos seguintes casos: S = A’ + BC + AB’C

  • A’ :Todos aqueles en os que A sexa igual a 0 (000, 001, 010, 011).
  • BC: Aqueles nos que B e C valen 1, sexa cal for o valor de A (011, 111).
  • AB’C: Cando A vale 1, B vale 0 e C vale 1, (101).

No resto dos casos a función valerá 0; encheremos con 0 os ocos que quedaron.

A B C S
0 0 0 1
0 0 1 1
0 1 0 1
0 1 1 1
1 0 0 0
1 0 1 1
1 1 0 0
1 1 1 1

Exercicios:

Obtén as táboas de verdade das seguintes funcións:

a) S= A B + A’ B’
A B C Saída Sol.
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  


 
b) S= A’ B’ C + A B’ C’ + A B
A B C Saída Sol.
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  


 

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.