Electrónica

tecnoloxia.org

Problemas

Todo isto que estivemos a ver válenos para resolver problemas técnicos utilizando circuítos electrónicos. Para resolver estes problemas debemos sempre seguir estes pasos:

  1. Identificar as entradas e as saídas
  2. Crear unha táboa de verdade coas entradas existentes e obter os valores da saída na táboa de verdade
  3. Obter a función lóxica a partir da táboa de verdade
  4. Simplificar a función
  5. Construír o circuíto con portas lóxicas

Exemplo:

Imos recuperar o exemplo do interruptor de luz da oficina que fixemos con anterioridade:
Nunha oficina queremos pór un punto de luz que se poida accionar mediante un interruptor. Para aforrar enerxía incorporaranse dous sensores que detectan a intensidade de luz que entra por cada unha das dúas xanelas do local, de xeito que se a luz é suficiente (entra polas dúas xanelas) non se acenderá a lámpada.

1. Identificamos as entradas: A: interruptor A. 0= aberto 1= pechado
B: Sensor de luz. 0= sen luz natural, 1= con luz natural
C: Sensor de luz. 0= sen luz natural, 1= con luz natural
 
2. Construímos a táboa de verdade e indicamos os casos nos que a saída S=1
A B C S
0 0 0 0
0 0 1 0
0 1 0 0
0 1 1 0
1 0 0 1 AB’C’
1 0 1 1 AB’C
1 1 0 1 ABC’
1 1 1 0
 
3. Obtemos a función lóxica: F = AB’C’ + AB’C + ABC’
 

4. Simplificamos a función

F = AB’ + AC’

 

 
5. Construímos o circuíto con portas lóxicas.
 

Exercicios

Descarga este boletín de problemas (pdf)

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.