Electrónica

tecnoloxia.org

Táboa de verdade

O primeiro paso a realizar é identificar as variables do problema a resolver e construír a táboa de verdade indicando 1 naqueles casos nos que a saída está activada e 0 cando non está activada, segundo os diferentes valores que poden tomar as entradas.

Completa a táboa de verdade dos seguintes sistemas e comproba o resultado:

Problema 1

Interacciona con este circuíto e completa a táboa de verdade:
 
A B C Saída Solución
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  

 

Problema 2

Nunha oficina queremos pór un punto de luz que se poida accionar mediante un interruptor. Para aforrar enerxía incorporaranse dous sensores que detectan a intensidade de luz que entra por cada unha das dúas xanelas do local, de xeito que se a luz é suficiente (entra polas dúas xanelas) non se acenderá a lámpada.

a) Identificamos as entradas:

A: interruptor A. 0= aberto 1= pechado
B: Sensor de luz. 0= sen luz natural, 1= con luz natural
C: Sensor de luz. 0= sen luz natural, 1= con luz natural

b) Segundo eses casos indica cal sería a saída S en función dos estados das entradas.

A B C Saída Solución
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  

 

Problema 3

Un sistema de aire acondicionado porase en marcha automaticamente cando un sensor detecte que a temperatura é maior que 25ºC, a non ser que o interruptor xeral estea apagado ou un sensor detecte que hai xanelas abertas.

a) Identificamos as entradas:

A: Interruptor xeral 0= apagado, 1= aceso
B: Sensor temperatura 0= T <25ºC, 1= T >25ºC
C: Sensor xanelas 0= pechadas, 1=abertas

b) Segundo eses casos indica cal sería a saída S en función dos estados das entradas.

A B C Saída Solución
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.