Electrónica

tecnoloxia.org

Condensadores

condensadoresOs condensadores son elementos que permiten almacenar carga eléctrica. Poden almacenar carga durante un tempo determinado para liberala posteriormente.

Pecha o interruptor. Fai clic en “carga” para cargar o condensador, e logo fai clic en “descarga” para descargalo sobre a lámpada.

circuíto condensador carga descarga acender

Por dentro:

Constan de dúas placas metálicas separadas por un material illante, tamén chamado dieléctrico, e a cada placa se lle une un terminal para a conexión ao circuíto.
condensador

Tipos:

Existen moitos tipos de condensadores, pero pódense dividir en dous grandes grupos: os polarizados (electrolíticos) e os non polarizados (cerámicos, de poliéster, etc.)
condensadores

Símbolos:
Condensador
non polarizado
Condensador
electrolítico
Condensador
variable
non polarizado electrolítico variable

Os condensadores electrolíticos conteñen no seu interior unha disolución química moi corrosiva. Neste tipo de condensadores é moi importante respectar a polaridade cando o conectamos, pois podería estragarse e incluso estoupar provocando feridas. Así que coidado: ¡A patilla máis longa sempre ao positivo!

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.