Electrónica

tecnoloxia.org

Cálculos

Cálculos en condensadores.

A característica que ten un condensador de almacenar carga denomínase Capacidade (C) , e mídese en Faradios (F).

Dado que a capacidade dos condensadores soe ser moi pequena, xeralmente emprégase o microfaradio (μF), que corresponde a millonésima parte dun faradio (1 μF = 10-6F).

A carga que almacena un condensador depende da súa capacidade e á tensión que se lle aplica:

Q = C V Q= Carga en culombios (C)
C = Capacidade en Faradios (F)
V= Voltaxe en voltios (V)

Tempo de descarga dun condensador:

O tempo que tarda en descargarse un condensador a través dunha resistencia depende da capacidade do condensador e do valor da resistencia:

t = 5 C R C = Capacidade en Faradios (F)
R= Resistencia en ohmios (Ω)

Asociación de condensadores:

Podemos combinar varios condensadores para conseguir unha maior ou menor capacidade.

  • Se queremos aumentar a capacidade debemos conectar varios condensadores en paralelo.
  • Se queremos reducir a capacidade debemos conectar varios condensadores en serie.
En serie:
A capacidade diminúe
1/C=1/C1+1/C2
condensadores en serie
1/C = 1/100 + 1/100 = 2/100
C = 100/2 = 50 µF
En paralelo:
A capacidade aumenta.
C = C1 + C2
condensadores en paralelo
C = 100 + 100
C = 200 µF

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.