Electrónica

tecnoloxia.org

Dixitalización da imaxe

Cando dixitalizamos unha imaxe, o que facemos é dividila nunha matriz de cadradiños chamados píxeles. Cada un deses cadrados leva información sobre a súa posición na matriz e a súa cor. Canto máis pequenas sexan as divisións, máis píxeles terá a imaxe e maior será a súa resolución.

As cores:

coresUnha cor na pantalla tamén se corresponde cunha sucesión de ceros e uns no código binario. Pero diso encárgase o ordenador. Nós, por exemplo, para elixir as cores do texto e fondo dunha web utilizamos o código RGB en decimal ou en hexadecimal

O código de cores RGB, vermello-verde-azul, baséase na mestura destas tres cores para acadar toda a gama completa.

RGB decimal

Se a cor RGB vai representada en código decimal, cada unha das tres cores vermella, verde e azul toma un valor entre 0 e 255 (256 valores en total), co que se consegue un total de 256 x 256 x 256 = 16.777.216 cores distintas.

RGBcolor-300x270Por exemplo:

  • A cor vermella sería: 255,0,0
  • A cor verde sería: 0,255,0
  • A cor azul sería: 0,0,255
  • A cor branca sería: 255, 255, 255
  • A cor negra sería: 0,0,0

RGB hexadecimal

Cando o valor RGB  represéntase en código hexadecimal o rango das cores RGB vai de 00 a FF para cada unha delas. O código da cor resultante da mestura exprésase así: #RRGGBB.

Por exemplo:

  • A cor vermella sería: #FF0000
  • A cor branca sería: #FFFFFF
  • A cor negra sería: #000000

Conversores

Proba cambiar o código de cores de RGB a hexadecimal e viceversa:

  RGB Mostra
#

Proba cambiar a cor deste coche:

Estes códigos usámolos nós, e despois será o ordenador quen se encargue de traducir este código RGB a código binario para podelo interpretar e representalo na pantalla. Por exemplo, o píxel en hexadecimal 3E D2 97 corresponde en binario á sucesión 00111110 11010010 10010111.

[Scratch: Cor RGB]

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.