Electrónica

tecnoloxia.org

O tamaño da información

Un BIT (b) é a información máis pequena representable por un número, e di se unha cousa é verdadeira ou falsa, alta ou baixa, negra ou branca, etc. Un bit deriva das palabras inglesas “binary digit”, que significa cifra binaria. Chámanse así as dúas cifras usadas no sistema binario: o 0 e mailo 1.

Un byte (B) é unha sucesión de 8 bits. Os ceros e uns pódense combinar de 28 = 256 modos diversos.

A partir de aí podemos facer múltiplos decimais ou múltiplos binarios:

Múltiplos decimais

  • Un kilobyte (kB) son 103 = 1000 bytes. Son os chamados “kas”
  • Un megabyte (MB) son 1000 kilobytes ou 106 = 1.000.000 bytes. Son os chamados “megas”
  • Un xigabyte (GB) son 1000 megabytes ou 109 = 1.000.000.000 bytes. Son os chamados “xigas”

Múltiplos binarios:

  • Un kibibyte (KiB) son 210 = 1.024 bytes.
  • Un mebibyte (MiB) son 1024 kibibytes ou (210)2 = 220 bytes.
  • Un xibibyte (GiB) son 1024 mebibytes ou (210)3 =230 bytes.

Táboa:

Múltiplos binarios Múltiplos decimais
Nome Símbolo Factor Nome Símbolo Factor
kibi Ki (210)1 =210 kilo k (103)1 = 103
mebi Mi (210)2 = 220 mega M (103)2 = 106
xibi Gi (210)3 = 230 xiga G (103)3 = 109
tebi Ti (210)4 = 240 tera T (103)4 = 1012
pebi Pi (210)5 = 250 peta P (103)5 = 1015
exbi Ei (210)6= 260 exa E (103)6 = 1018

 

Tes máis información no artigo: Kibibytes, mebibytes e xibibytes

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.