Electrónica

tecnoloxia.org

Inicio dixital

binarioA electrónica dixital é a parte da electrónica que se encarga dos sistemas electrónicos nos cales a información está codificada en dous únicos estados: 1 e 0. A cada un deles asígnaselle unha voltaxe ou rango de voltaxes determinado, chamados niveis lóxicos.

sinal dixital

Cando as magnitudes que se desexan procesar (temperatura, velocidade, etc.) son analóxicas cómpre convertelas a sinais dixitais. Isto faise con convertedores analóxicos-dixitais (A/D). Por exemplo, nun termómetro dixital.

Sensor de
Temperatura:
sinal analóxico
variación da temperatura -> convertidor A/D -> termómetro dixital display Display:
sinal dixital

Da mesma forma, cando un sistema ten que entregar un sinal analóxico e a súa orixe está no formato dixital, utilizarase un convertedor dixital-analóxico(D/A). Por exemplo un lector de CD’s de audio.

 

Nesta sección imos coñecer os aspectos básicos nos que se basean os dispositivos dixitais.

Descarga aquí o cuestionario de navegación: cuest_dixital.odt  |  cuest_dixital.pdf

 

Este material utiliza scripts e actividades realizadas na miña colaboración no material de Tecnoloxía do INTEF-CIEDAD, que conta cunha licenza Creative Commons By-NC-SA

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.