Electrónica

tecnoloxia.org

Guía didáctica

Guía didáctica

Nesta sección se introducen os conceptos básicos de electrónica. A finalidade é que o alumnado sexa capaz de identificar compoñentes electrónicos, interpretar esquemas electrónicos e aplicar e deseñar circuítos electrónicos para os seus proxectos.

Nivel:

O nivel é inicial. Todos os contidos están adaptados para o nivel de 4º de ESO.

Recursos:

Recoméndase utilizar como recurso adicional un programa de simulación de circuítos eléctricos e electrónicos.

Actividades:

Inclúese en cada sección unha serie de actividades no ordenador coas que se pretende que o alumnado repase os contidos tratados.

Prácticas e proxectos:

Resulta imprescindible a realización de montaxes prácticas con compoñentes reais. Os contidos e actividades que aquí se presentan non son máis ca un complemento para a aprendizaxe, pero non debe substituír o traballo práctico no taller. Para iso preséntanse unha serie de actividades prácticas e propostas de proxectos:

  • Cada sección inclúe ao final unha ficha de prácticas. Recoméndase utilizar unha placa de prototipos para aforrar tempo e reciclar compoñentes.
  • Propostas de proxectos: Inclúense unha serie de propostas de proxectos con certo grao de apertura. A intención é que o alumnado aplique os coñecementos adquiridos para o deseño e montaxe de prototipos. Esta sección leva tempo sen actualizar: Dende que dispoñemos no instituto de robots programables os proxectos que realizamos en 4º de ESO son de robótica.

Cuestionarios de navegación:

Inclúese un cuestionario de navegación para cada sección para que o alumnado vaia contestando a diversas preguntas relacionadas cos contidos que aparecen en cada páxina a medida que as vai visitando.

  • Electrónica analóxica (odt | pdf)
  • Electrónica dixital (odt | pdf)
Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.