Electrónica

tecnoloxia.org

Aparcadoiro

parquingProposta: Deseñar e construír unha entrada a un aparcadoiro con barreira automática.

A barreira está normalmente en posición de peche do paso, e o semáforo vermello. A barreira débese abrir ó detectar un coche. O semáforo ponse verde cando está levantada de todo. No momento en que o coche atravesa a entrada, outro detector dá o aviso á barreira para que se peche.

Este circuíto está visto na sección de proxectos de electricidade, accionado mediante pulsadores. Pero aquí ímolo complicar un pouco máis: incorpora unha célula fotoeléctrica antes e despois da barreira, que actuarán como sensores de escuridade.

detector de escuridade

Terás que utilizar os sensores de escuridade para actuar sobre o relé con encravamento, dando as ordes de apertura e peche da barreira.

circuíto da barreira

Podes baixar aquí estes circuítos en crocodile technology para facer as probas de conexión.

Tamén podes baixar a solución en crocodile technology que presentou un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, pero é mellor que primeiro te rompas a cabeza.

Outras propostas:

Isto mesmo pódelo facer con outros proxectos, por exemplo a porta de entrada dun supermercado, que se abre automaticamente cando alguén se coloca diante.

Vale calquera outra idea que teñas, a condición é a automatización dun sistema mediante sensores de luz, temperatura ou humidade que actúen sobre o circuíto de enganche que controla o sentido de xiro dun motor.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.