Electrónica

tecnoloxia.org

Intercomunicador

Micrófono e altofalante

Imos comunicarnos, pero antes imos ver como funcionan un micrófono e un altofalante.

Un micrófono ten a función de transformar un sinal sonoro nun sinal eléctrico. O diafragma ou membrana do micrófono vibra en resposta das ondas sonoras que lle chegan, e ditas vibracións transmítense a unha bobina que rodea un imán. Este movemento relativo entre a bobina e o imán produce unha corrente eléctrica na bobina, que se canaliza dende o micrófono ata os cables.
micrófono

O altofalante fai o proceso inverso: transforma un sinal eléctrico nunha onda sonora.
altofalante

Pero non podemos conectar directamente o sinal de saída do micrófono ó altofalante, xa que non escoitaríamos nada. Necesitamos amplificar o sinal.
amplificador

Amplificador

Proposta: Deseña e constrúe un megáfono.

Podes utilizar un circuíto amplificador para fabricar un megáfono. Un exemplo de circuíto é o seguinte:
amplificador

(Podes descargar aquí a simulación en crocodile technology)

Intercomunicador

Proposta: Deseña e constrúe un intercomunicador para comunicarnos entre dúas aulas.

Podes utilizar o circuíto anterior ou calquera outro amplificador. Debes montar dous circuítos amplificadores. A saída do primeiro amplificador ten que conectarse co altofalante do segundo, e a saída do segundo amplificador co altofalante do primeiro.

Podes utilizar cable telefónico e regletas de conexión, ou senón utilizar conectores RJ11.

Na web de apetega tes unha proposta de intercomunicador de sobremesa. (zip)

 

radiocassetteProposta: Intercomunicador reciclando un radiocassette vello

Podes fabricar un intercomunicador aproveitando un radiocassette vello que teñas pola casa e que xa non uses. Utilízase o amplificador de son que incorpora para conectar dúas parellas de micrófono e altofalante ás entradas e saídas de audio, e así poder utilizalo como intercomunicador a distancias curtas. Con isto aforrámonos a montaxe do circuíto electrónico.

A páxina onde atopei a idea é esta.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.