Electrónica

tecnoloxia.org

O recipiente de auga

recipiente de augaDeseño 1:

Deseña un sistema que nos vaia avisando sobre o nivel de auga dun recipiente. O sistema de aviso poden ser unha serie de LEDs. Cando o recipiente está cheo, se queres, pode soar tamén un zoador.

Deseño 2:

Podémolo complicar aínda máis: Un pulsador activa unha bomba de auga e nun panel vaise vendo o nivel de auga mediante uns LEDs. Cando o recipiente encheuse completamente dáse unha orde a bomba para que pare. Deberás combinar o circuíto detector de humidade co circuíto de encravamento.

Sensor de humidade (recipiente cheo) Relé con encravamento
sensor de humidade relé con encravamento
NO: arranque da bomba.
NC: o detector de recipiente cheo debe actuar aquí para parar a bomba

Deseño 3:

Se queres podes automatizalo aínda máis (isto é para nota): O primeiro sensor de nivel de auga marca o inicio da bomba, e a bomba para cando o sensor de recipiente cheo dá a orde. Dese xeito non fai falta que unha persoa actúe sobre a bomba para poñela en marcha, senón que o fai automaticamente cando o nivel de auga é baixo.

Pista: podes utilizar un sensor de humidade invertido (detector de sequidade): actívase cando non hai auga, e desactívase cando hai:

detector de sequedade

 

(Ver posible solución en crocodile technology)

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.