Electrónica

tecnoloxia.org

Radio galena

radioProposta: Deseña e constrúe un receptor de radio AM.

Debe ter accesibles ó exterior un interruptor de acendido-apagado e o cursor para buscar o dial. No caso de incorporar un amplificador e altofalante, debe estar agochado dentro da estrutura da radio, pero de xeito que as ondas sonoras saian ben ó exterior. Pódese incorporar un cono de papel ou cartón para mellorar o son. Podes utilizar calquera material non condutor para a súa fabricación, a ser posible de refugallo.

Non necesitamos pilas!

Uns receptores de radio dos máis primitivos, anque non os primeiros, foron os de galena, utilizados alá polos anos 20 do século pasado. Basicamente consistían nunha bobina, un condensador variable, un cristal detector (galena, ou sulfuro de chumbo) e uns auriculares.

Este tipo de receptor de radio non necesita alimentación eléctrica (pilas, baterías, …). A enerxía que necesita o auricular procede da enerxía das ondas electromagnéticas de radio que se recollen na antena.

Podemos montar un receptor de radio similar, pero substituíndo o cristal de galena por un diodo de xermanio (por exemplo OA90 ou OA81).

circuíto radio galenaFuncionamento:

A antena encárgase de captar as ondas de radio, que chegan ó primario e inducen no secundario unhas ondas de maior voltaxe.

O condensador variable encárgase de sintonizar (fai que a voltaxe no secundario sexa máxima para unha determinada emisora).

O diodo de xermanio encárgase de rectificar a corrente de radiofrecuencia e deixar pasar só a voltaxe do sinal de audio.

O condensador cerámico axusta as frecuencias para adaptalas ó oído humano e, por último,

o auricular transforma as variacións de voltaxe en ondas sonoras.

Materiais:

  • 1 núcleo de ferrita duns 20 cm
  • 1 condensador variable de sintonía
  • 1 diodo de xermanio
  • 1 condensador cerámico de 12 ρF
  • 1 auricular de alta impedancia (sobre 2kΩ)
  • Fío de cobre esmaltado (uns 5 ou 6 m)
  • Cable paralelo (uns 2 m)

Fabricación:

  • Bobina: Enrolar coidadosamente as espiras (fío de cobre) de cada bobina sobre a ferrita. O primario consta de 30 espiras e o secundario de 90 espiras. Debe facerse sempre co mesmo sentido de xiro e as espiras deben estar moi xuntas entre si, sen superpoñerse. Fixa con cinta adhesiva o comezo e o fin de cada bobinado.
  • No caso de non ter un núcleo de ferrita, podes construír a bobina arrolando 400 espiras de cobre sobre un cilindro de plástico de 2,5 – 3 cm de diámetro, deixando unha toma ó aire cada 50 voltas. Podemos probar a sintonización cambiando a conexión do diodo entre as tomas intermedias.
  • Antena: Pode ser un simple cable de varios metros de lonxitude, que debes mover ata atopar a emisora.
  • Toma de terra: Conectar o cable de terra a unha cañería metálica ou a unha ventá metálica. Tamén poderiamos introducir unha pica de cobre en terra húmida e conectar alí o cable.

Preamplificador:

Se o sinal detectado é moi feble, podemos engadir un amplificador ó circuíto.
radiogalena con amplificador

Amplificador con altofalante:

Se non dispoñemos dun auricular de alta impedancia podemos utilizar un altofalante de 8 Ω máis doado de conseguir. Pero necesitamos amplificar aínda máis o sinal. Mediante un potenciómetro graduamos o volume do son.
amplificador para altofalante

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.