Electrónica

tecnoloxia.org

Robot rastreador

CNY70Trátase dun robot que segue a traxectoria dunha liña negra debuxada sobre un fondo branco. Podes facela pegando cinta illante sobre o chan.

Utilízase un emisor de infravermellos e un receptor (fototransistor). Pódense utilizar de forma independente ou utilizar un integrado (CNY70)

Debido a que as superficies negras non reflicten a luz e as brancas si, o sensor é capaz de distinguir se se atopa enriba da liña negra, facendo conmutar o relé do motor oposto para que o robot corrixa a súa traxectoria.

Hai diferentes versións e posibilidades de circuítos. Un é este:

circuíto

O pulsador é para a simulación no ordenador, pero non existe no circuíto real.

Habería que duplicar este circuíto para o sensor dereito e o motor esquerdo.

A liña negra debe quedar entre os dous sensores, que deben estar moi preto do chan.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.