Electrónica

tecnoloxia.org

Sistema activado por son

Poden ser múltiples as situacións nas que necesitemos que un circuíto se active ao detectar son, voz, música, etc.

  • O bebé:
    Iria e Xurxo acaban de ter un bebé e teñen problemas para que durma. Descubriron que só queda durmido cando poñen en marcha un xoguete móbil que ten instalado enriba do berce. Deseña un dispositivo que detecte cando o neno chora, se poña en marcha o xoguete durante un tempo e logo pare automaticamente.
  • O avó:
    O meu avó está xordo, e non escoita o timbre da porta cando alguén vai visitalo. Necesitaría un dispositivo que lle dea un aviso luminoso cando alguén chama ao timbre.
  • Soños:
    Cando Ana foi ó campamento, dixéronlle que fala moito cando dorme. Ela non o sabía porque dorme soa, e ten moita curiosidade por saber de que fala, xa que os seus amigos non llo queren contar. Desexaría ter un dispositivo de xeito que cando fale en alto pola noite se poña en marcha unha gravadora, e así pola mañá poda escoitarse.

Podes deseñar un sistema que solucione as situacións anteriores ou outras que se che ocorran.

Aquí tes un par de circuítos que funcionan por son:

Circuíto no que se activa un motor ao detectar son no micrófono. (de www.edutek.ltd.uk)
clica para ampliar (nova ventá)
circuíto1

Luces que se moven ao ritmo do son. (de http://www.redcircuits.com)
circuito2

(Podes descargar aquí estes circuítos feitos con crocodile technology)

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.