Electrónica

tecnoloxia.org

Resistencias variables manualmente

Resistencias variables manualmente

As resistencias variables manualmente son uns dispositivos que constan dun contacto móbil. Empréganse para controlar manualmente a resistencia dunha parte dun circuíto. Algunhas utilidades que poden ter son variar a intensidade de luz dunha lámpada, a velocidade dun motor eléctrico, o  volume do son dun amplificador, os mandos do brillo e contraste do televisor, etc.

Resistencias variables:

As resistencias variables son aquelas que podemos manipular mediante un cursor.
resistencia variable resistencia variable. Símbolo. resistencia variable. Símbolo.

Resistencias axustables:

As resistencias axustables son aquelas que pode axustar o fabricante movendo unha rañura. O usuario non debe modificar a posición do cursor.
resistencia axustable resistencia axustable. Símbolo. resistencia axustable. Símbolo. axustable

Formas de conexión: Reóstato e potenciómetro

Dependendo de como se conecten as resistencias variables manualmente, poden actuar como reóstatos ou potenciómetros:

Reóstato:

Conéctase en serie no circuíto, e utilízase para variar a intensidade de corrente que circula.

Resistencia variable:
resistencia variable. Símbolo.
Resistencia axustable:
resistencia axustable. Símbolo.

Fai clic nas frechas para mover o cursor
<     >
reóstato

Potenciómetro:

Conéctase en paralelo ao circuíto, comportándose coma un divisor de tensión. Utilízase para variar os niveis de voltaxe que chegan a un circuíto.

Resistencia variable:
resistencia variable. Símbolo.
Resistencia axustable:
resistencia axustable. Símbolo.

Fai clic nas frechas para mover o cursor
Subir:<
Baixar: >
potenciómetro

Cando vaias conectar unha resistencia variable ou axustable, lémbrate que a patilla común é a do medio:
patillas patillas

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.