Electrónica

tecnoloxia.org

Sistemas de numeración

Existen distintos sistemas de numeración definidos mediante unha base (ou número de símbolos diferentes que utiliza), e o valor de cada díxito segundo a posición que ocupa, sendo o díxito da dereita o de menor valor.

Sistema decimal:

O que utilizamos normalmente é o sistema decimal, que consiste en 10 díxitos (do 0 ao 9) que se combinan entre si para formar todos os números que queiramos.

Dicimos que traballamos en base 10, xa que representamos as unidades por 100, as decenas por 101, as centenas por 102, etc.

Por exemplo: 125(10 = 1·102 + 2·101 + 5·100 = 100 + 20 + 5 = 125(10

Sistema binario:

O sistema binario só ten 2 díxitos, 0 e 1, denominados bits (binary digits). É un sistema en base 2.

Por exemplo: 1010(2 = 1·23 + 0·22 + 1·21 + 0·20 = 8 + 0 + 2 + 0 = 10(10

Sistema hexadecimal:

Utiliza a base 16 e os símbolos de 0 a 9 e as letras A, B, C, D, E, F (equivalentes a 10, 11, 12, 13, 14, 15 respectivamente)

C3(16 = 12·161 + 3· 160 = 195(10

Dec. Binario Hex.
0 0 0 0 0 0
1 0 0 0 1 1
2 0 0 1 0 2
3 0 0 1 1 3
4 0 1 0 0 4
5 0 1 0 1 5
6 0 1 1 0 6
7 0 1 1 1 7
8 1 0 0 0 8
9 1 0 0 1 9
10 1 0 1 0 A
11 1 0 1 1 B
12 1 1 0 0 C
13 1 1 0 1 D
14 1 1 1 0 E
15 1 1 1 1 F

 

Convertedor binario ↔ decimal ↔ hexadecimal

[Scratch: Convertedor de sistemas de numeración]

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.