Electrónica

tecnoloxia.org

Protoboard

Montaxe en placa de prototipos ou protoboard

As placas de prototipos úsanse para facer probas de circuítos electrónicos e comprobar que funcionan antes de soldar os compoñentes no circuíto definitivo.

Placa de prototipos ou protoboard

ProtoboardOs compoñentes pínchanse nos buratos da placa. Estes buratos están conectados entre si como se ve na figura, e terás que ter en conta isto para montar alí os circuítos.

As liñas horizontais superiores e inferiores utilízanse para conectar a alimentación. Para empezar e non liarse convén poñer o positivo (vermello) nunha liña superior e o negativo (negro) nunha inferior. Tódolos cables que conectemos a esas liñas estarán conectados ó positivo ou ó negativo respectivamente.

Os compoñentes conéctanse na parte do medio, onde están as conexións verticais (segundo o noso debuxo). Nunca conectes dúas patillas do mesmo compoñente na mesma liña vertical, pois estarías curtocircuitándoo.

 

Aquí podes ver varios exemplos de conexión: en serie, en paralelo, e un circuíto integrado.

serie   paralelo   integrado

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.