Electrónica

tecnoloxia.org

Soldadura

Necesitamos:

Un soldador entre 20 e 30 W de potencia, non máis. Antes de soldar asegúrate de que:

  • Os elementos a soldar estean limpos.
  • O sitio onde vas soldar estea ben ventilado.

Despois de soldar:

  • Limpa ben o soldador.
  • Recolle a mesa de traballo.
soldador
Un soporte con esponxa Estaño Unhas pinzas ou alicates
soporte estaño pinzas

Soldar cables a patillas:

soldarPara soldar un cable a unha patilla dun compoñente, primeiro tes que estañar o cable e a patilla.

  • Achega o soldador ao cable uns segundos para quentalo.
  • Cando estea quente achega o estaño, de xeito que estea en contacto co cable o co soldador.
  • Cando o estaño empeza a fundirse retírao, e logo retira o soldador, despraándote pola superficie do cable para estender o estaño.

soldarCando tes a patilla e o cable estañados xa podes unilos

  • Une as dúas partes a soldar e quéntaas simultaneamente co soldador. O estaño fundirase e unirá a patilla ao cable.
  • Retira o soldador con coidado de non mover ningunha das partes a soldar.
  • Cando se arrefríe o estaño podes soltar o cable.
  • A soldadura está feita correctamente se a capa de estaño une ben as superficies e ten un aspecto brillante.

Soldar en circuítos impresos:

  • soldarPon xuntos os elementos que se van soldar.
  • Quenta simultaneamente coa punta do soldador os elementos a soldar.
  • Cando a zona de soldadura estea quente, achega o fío de estaño e deixa que se funda unha cantidade suficiente para cubrir as superficies a soldar.
  • Retira o fío de estaño.
  • Tras un par de segundos retira o soldador.
  • Espera a que se arrefríe o estaño sen que se movan as superficies soldadas.
  • Se a capa de estaño une ben as superficies e ten un aspecto brillante e cóncavo a soldadura está feita correctamente. Se o aspecto da superficie de unión é mate, trátase dunha unión fría.
  • Corta a patilla sobrante.

Soldadura boa:benben    placa fría:mal    patilla fría:mal

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.