Electrónica

tecnoloxia.org

Detector de temperatura

      Máis temperatura: arriba
      NTC
      Menos temperatura: abaixo

Imos utilizar un transistor para construír un circuíto detector de temperatura. Necesitaremos unha resistencia que varía coa temperatura, é dicir, un termistor.

Utilizaremos un termistor NTC, que se comporta de xeito que canto maior sexa a temperatura menor é a súa resistencia.

Fai clic nas frechas para cambiar a temperatura e observa o valor da resistencia:

Observa o seguinte circuíto facendo clic en “aumentar T” e “diminuír T”:

  • Cando a temperatura é baixa (0ºC), a resistencia do termistor NTC é elevada, e non permite que haxa corrente de base, polo que o LED non acende.
  • Cando aumenta a temperatura (20ºC), a resistencia da NTC diminúe, hai intensidade de base e, polo tanto, hai corrente de colector a emisor, polo que o LED acéndese.
  • Poderías utilizar unha resistencia axustable no canto da resistencia fixa de 2.2kΩ para axustar o circuíto á temperatura desexada.
circuíto12 aumentarT diminuírT

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.