Electrónica

tecnoloxia.org

Temporizador

condensador electrolíticoPodemos construír un temporizador mediante un circuíto cun transistor e un condensador.

O condensador ten a propiedade de almacenar carga eléctrica para soltala cando ten un circuíto no que descargarse. O tempo que tarda o condensador en descargarse depende da capacidade do condensador (en faradios) e do valor da resistencia (en ohmios) t =5 C · R.

Preme no pulsador e observa o funcionamento do seguinte circuíto:

  • Cando pechamos o pulsador, o condensador cárgase.
  • Ao abrilo de novo, o condensador descárgase a través da resistencia de base, polo que o LED permanecerá aceso durante un tempo.
  • Dependendo da capacidade do condensador e da resistencia da base, o LED tardará un tempo diferente en apagarse.
circuíto13 premer

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.