tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

GalApps: Galego no teu Android

Se tes un dispositivo móbil funcionando con android non tes ningunha escusa para falar e escribir ben en galego.

A xente de GalApps pon á nosa disposición tres estupendas aplicacións para levar o galego no peto:

ConxuGalego DicionarioGalego TradutorGalego
Conxuga automaticamente verbos en galego Busca calquera termo e descobre tódalas posibles acepcións da palabra. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán,  inglés ou francés, e viceversa.
conxugalego_qrcode.png dicionariogalego_qrcode.png tradutorgalego_qrcode.png
ir a market.android ir a market.android ir a market.android

E se tes pensado agasallar a alguén cun androide, lémbrate de instalar antes estas aplicacións.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

13 Comments

  1. Pingback: GalApps: Galego no teu Android

  2. Pois a pesar de que este tipo de aplicacións parecenme interesantes, non son as que eu realmente preciso. Para poder usa-lo meu móbil en galego o que me fai falla son diccionarios para o Swype (o teclado que uso normalmente). Se é moito máis sinxelo escribir en castelán que en galego, o normal é que non use o galego no móbil.

  3. Pois a ver se a vindeira aplicación é a que dis

    • Bos días,
      as GalApps, ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego, tamén dispoñibles para iOS (iPhone e iPad) e tamén de balde :). Máis información no noso sitio web.
      Un saúdo!

  4. Para swype em galego prova cm coa opção portuguesa ;)

  5. Existe a posibilidade de que o Samsung Galaxy SII funcione en galego?

  6. Onte saíu a noticia da nova versión do Swype, probeino, e entre outras cousas podo dicir que:
    a) Xa se pode instalar a versión nova en termináis que teñan o Swype preinstalado (co cal se pode instalar en calquera móbil android)
    b) Xa está dispoñible o Galego como idioma a escoller.

    Así que agora sí, xa podo usa-lo meu móbil en Galego sen ter que recurrir a trucos cutres ou a pelexar co teclado convencional.

    Eu xa o probei, e funciona de marabilla. (Quédame por proba-lo recoñecemento de voz, que aínda non o probei en galego)

    A dirección, para quen lle interese: http://beta.swype.com/

  7. Moi boa noticia. Grazas por compartila, Iván.

  8. Eu teño android 4.03 e vén en galego

  9. Hola, din que deixe unha resposta, aínda que máis que nada é unha pregunta. Espero que alguén me poda contestar: Estou impaciente por ter o meu móbil en galego. Déronme un LG básico e non ten o idioma galego predeterminado. Se hai algo que se poda facer pasádeme por favor o link para que poda disfrutar do meu móbil en GALEGO. Un saudíño a todos e VIVA GALIZA CEIBE!!!

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.