tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

II Competición de robots da Universidade de Vigo

A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a segunda edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) da Universidade de Vigo.

makeblockCelebrarase nas instalacións da Escola de Enxeñería Industrial (Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo) o vindeiro venres 29 de abril de 2016 a partir das 10:30 horas, e será unha proba puntuable para a Liga Nacional de Robótica de Competición (LNRC).

Hai dúas categorías diferentes: WALL-E para alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato e R2D2 para alumnado de Formación Profesional e Universitario.

Na categoría WALL-E cada equipo de entre 3 e 6 alumnos/as deberá inscribirse antes do 31 de xaneiro e aboar a cota de 40€ que inclúe un kit de robótica que será entregado ao centro de ensino e co que poderán preparar a proba de Rastrexo e a de Sumo.

Os kits nesta edición son diferentes aos de BQ que se utilizaron o curso pasado, desbotados pola organización debido aos problemas que deron. Este ano decántanse polos de makeblock. O software de programación visual que usan só funciona con Windows, aínda que, ao estar a placa baseada en Arduino UNO, se pode programar directamente co IDE de arduino ou con calquera contorna de programación gráfica que xere o código, como visualino.

Tedes as bases da competición na seguinte dirección: http://www.eei.uvigo.es/eei_gl/alumnos/robots/.

cabecera_robots.jpg_1854410254

A ver se podemos levar algún grupo de Baiona.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.