Adherencia da placa de impresión

Tipo adherencia da placa de impresión

Estes parámetros controlan a creación dunha base situada arredor da nosa peza, o cal mellora a adherencia contra a mesa.

Estes soportes xeran engadidos que posteriormente teremos que eliminar, e non é doado, pois soe quedar un mal acabado, supoñen un maior consumo de material, maior tempo de impresión, etc. Como consello recomendamos usar a opción falda (Skirt) para a maioría das pezas  e borde e balsa no caso de pezas con moi pouco apoio ou moi esbeltas.

tipo-de-adherencia
[http://wiki.ikaslab.org – Tipo de adherencia – CC BY]
Falda (Skirt): A peza apóiase directamente sobre a mesa. Refírese a unha forma que debuxa o extrusor antes de empezar a imprimir a peza, marcando un recinto no que estará a mesma. Serve para darlle tempo ao extrusor para empezar a extruír ben antes de comenzar.

 

Borde (Brim): Créase un perfil do espesor da primeira capa de impresión que rodea a nosa peza.

A figura apoia sobre a mesa, pero aumentamos a superficie da primeira capa.

 

Balsa (Raft): Créase unha lámina de espesor configurable debaixo da peza para mellorar a adhesión.

Hai que ter en conta que ao aplicar “Balsa” a figura non vai apoiar a súa base sobre o cristal de impresión, polo que esta superficie non vai quedar cunha terminación tan boa coma se imprimísese directamente sobre o cristal.

 

 


Deixa un comentario