Altura de capa

altura-de-capaEste parámetro indica a altura de capa á que se vai a realizar a impresión. A altura de capa é un parámetro ligado directamente á calidade da peza: A menor altura de capa maior calidade.

Pero tamén vai incrementar considerablemente os tempos de impresión, por iso o mellor é chegar a un punto intermedio que de suficiente calidade sen alongar demasiado a impresión. Os valores deste parámetro estarán comprendidos entre 0.1 e 0.4mm.

altura_de_capa_wiki
[http://wiki.ikaslab.org – Altura de capa – CC BY]
  • Calidade moi alta: 0.05 mm
  • Calidade alta: 0.1 mm
  • Calidade media: 0.2 mm
  • Calidade baixa: 0.3 mm

Unha mesma peza tardará o dobre en 0.1 con respecto a 0.2.

Calidades altas só deben ser empregadas en figuras con xeometría complexa, nunha xeometría sinxela (un cubo), non paga a pena.

A recomendación é imprimir entre 0.1 mm ou 0.2 mm. Atendendo a outros parámetros de impresión, pódense conseguir acabados moi bos a unha altura de capa de 0.25 mm ou incluso maior.

Hai que ter en conta que o valor da altura de capa non debe de ser igual ou maior ao diámetro da boquilla, xa que isto pode dar como resultado pezas quebradizas ou con rachas entre as capas.

Hai que ter un especial coidado coa altura de capa en xeometrías que poden dar lugar ao “efecto escaleira” ou no caso de beirís e paredes inclinadas.

Capas de adaptación

A versión 3.2 de Cura incorpora a función experimental “Utilizar capas de adaptación” que funciona de maneira que a peza se imprime cunha altura de capa variable que se adapta ao ángulo das superficies do modelo, asignando menor altura de capa ás superficies inclinadas e unha altura de capa elevada ás superficies verticais.

[ultimaker.com]

Deixa un comentario