Impresión 3D

tecnoloxia.org

Crear volume: Varrido

Obxectivo:

Imos crear pezas coa ferramenta de varrido:

varrido-solido solido-comp-varridoclip

barridoFerramentas:

Imos a crear un sólido mediante a ferramenta de Varrido, <<Sweep>>

  • En Faces and sketch regions to, selecciónase o Sketch  cerrado que se varrerá a través dun perfil guía. As dimensións do Sketch deben ser tidas en conta á hora de dar curvaturas á guía. Por exemplo, non poderemos varrer un perfil de Ø20mm a través de un radio de 5mm, xeometricamente é imposible.
  • En Sweep path, selecciónase o perfil guía polo que se guiará o Sketch cerrado. Este perfil pode ser aberto ou cerrado. Cómpre que este perfil de guiado pase polo outro Sketch.

Práctica:

Preparamos o debuxo 2D

  1. Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>. Este será o Sketch 1.
  2. Selecciona o plano onde imos traballar, neste caso en Front. Fai clic co botón dereito enriba do plano Sketch 1 e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
  3. Debuxa unha circunferencia de diámetro 20mm que estea centrada na orixe de coordenadas. Este será o Sketch 1 cerrado que se varrerá a través dun perfil guía.

Preparamos o perfil guía

  1. Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>. Este será o Sketch 2.
  2. Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Top. Fai clic co botón dereito encima do plano Sketch 2, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
  3. sketch-filletDebuxa  o perfil guía, utilizando as ferramentas de liña <<Line>> e, despois, para redondear os ángulos vivos do recorrido usa a ferramenta de redondeo, <<Sketch fillet>>. Lembra darlle un radio mínimo de 10mm (a circunferencia do sketch 1, é de ∅20mm).
    croquis-varrido
  4. Valida o Sketch 2 no símbolo de visto de cor verde validar-sketch

Sacamos volume mediante varrido

Xa temos os dous esbozo para facer o varrido (sendo entre eles perpendiculares, Sketch 1 no plano Front, e o Sketch 2 no plano Top), tamén teñen o punto coincidente, o punto de inicio do perfil guía e o centro da circunferencia. Agora xa só queda darlle volume.

  1. Para crear o sólido 3D, fai clic na ferramenta varrido, <<Sweep>>barrido:
  2. En Faces and sketch regions to…, selecciona o Sketch 1, onde está a circunferencia.
  3. En Sweep path, selecciona o Sketch 2, onde debuxaches o perfil guía.

Aquí está o noso obxecto en 3D!

varrido-solido

Exercicio complementario:

solido-comp-varrido

Ver en Onshape

Reto:

Serás capaz de crear este clip?

clip

Ver os pasos en Onshape



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.