Impresión 3D

tecnoloxia.org

Repetimos!

peza_repetimosObxectivo

Imos ver como cando xa temos un sólido feito, podemos repetilo varias veces.

Ferramenta:

A ferramenta <<Linear pattern>>linear_pattern

Esta opción é similar á de 2D, só que neste caso se multiplican sólidos en direccións elixidas e a un paso dado.

  • No caso do «Linear pattern» teremos que elixir unha dirección (dada cunha aresta da peza ou cunha recta), o número de elementos ou sólidos que queremos que se repitan, que elemento ou sólido ten que repetirse e o paso entre estes sólidos.
  • No caso do «Circular pattern» teremos que elixir un centro de rotación, un eixe (que será unha recta ou unha aresta), o número de entidades que queremos obter e o valor angular do desprazamento.

Práctica:

Abre a peza da actividade anterior.

solido-angulo-saida

Imos facer unha matriz de 3×2, é dicir, imos a crear 6 pezas iguais.

Fai clic na ferramenta <<Linear pattern>>linear_pattern

matrices

Agora a cada sólido pódeselle modificar o que queiramos, xa que son independentes.

Reto:

Serás capaz de poñer un texto distinto en cada sólido?

matriz-con-texto

Pasos en Onshape



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.