Aforrando traballo! Simetrías

Obxectivo

Imos crear pezas con simetrías na súa xeometría

peza03_finalexercicio03_1peza exercicio03_2peza exercicio03_reto

Ferramentas:

Mirror

simetria
Esta ferramenta <<Mirror>> realiza simetrías de xeometría, isto é moi útil para figuras simétricas nas que solo haberá que debuxar a metade do Sketch.
Para realizar a simetría primeiro teremos que ter unha liña de simetría (liña media), a que  seleccionaremos, e posteriormente seleccionaremos a xeometría para facer a simetría.

Linear pattern

repeticion
Esta ferramenta <<Linear pattern>> permítenos facer repeticións de perfiles aliñados seguindo direccións,  desprazamento e eixo.

A segunda opción é a mesma, pero seguindo unha guía circunferencial.

Práctica:

  1. Crea un novo documento co nome Peza03.
  2. Crea un novo esbozo, Sketch, no botón <<Sketch>>.
  3. Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Top. Fai clic co botón dereito enriba do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
  4. Debuxa un rectángulo centrado no orixe de coordenadas, de 175mm x 130mm.
  5. Crea unha circunferencia de 15mm de diámetro, situada a 25 mm de cada lado do rectángulo.
  6. Fai clic en <<Linear pattern>>, cambia o valor de 3x en horizontal cara a dereita, por 6, e 1x en vertical cara abaixo por 3.
  7. A distancia entre circunferencias en horizontal é de 25 mm, e en vertical de 40 mm.
  8. Para rematar de definir esta ferramenta fai clic co botón esquerdo do teu rato.
    datos-peza03_1
    Como podes ver,  o teu esbozo aparece en negro. Iso quere dicir que está totalmente definido e pechado. Se aparecese en azul algunha parte do teu esbozo, significaría que non está totalmente definida a acotación. E se aparecese algunha cota en gris claro quere dicir que ese dato está de máis, non é necesario, xa que outras cotas definen totalmente a peza.
  9. Agora démoslle volume. Coa ferramenta <<Extrude>>, creamos un volume de 10 mm de espesor.
    peza03_final

 

Exercicios complementarios

Crea as seguintes pezas:

exercicio03_1peza

exercicio03_2datos exercicio03_2peza

 

Reto:

Serás quen de crear esta peza?

exercicio03_reto

 


Deixa un comentario