Impresión 3D

tecnoloxia.org

Introdución a Cura

Introdución

cura_splash_screenA continuación podedes atopar información para a instalación e configuración de CURA, que é un programa “Open Source”  para a comunicación coa impresora e o laminado de obxectos 3D. Dende este programa poderedes realizar todos os pasos necesarios para pasar dun modelo 3D a un obxecto real.

Para sacar o máximo partido á vosa impresora 3D, ademais de tela ben nivelada e configurar correctamente o firmware, é necesario que axustedes os parámetros do programa que usedes como laminador, xa que dependendo das características da vosa impresora estes parámetros poden variar en gran medida.

Descrición do Software

Cura é un software aberto (Open software) desenvolvido por Ultimaker que permite transformar modelos 3D en instrucións entendibles pola maioría de impresoras 3D, permitindo xerar un obxecto físico a partir do seu modelo xerado por ordenador.

Formatos admitidos

[By Kaboldy CC BY-SA from Wikimedia]

[By Kaboldy CC BY-SA from Wikimedia]

Cura é compatible cos seguintes tipos de ficheiro:

  • .STL (Este arquivo é soportado pola maioría de programas de deseño 3D)
  • .OBJ
  • .DAE
  • .AMG

Un arquivo .STL non é un formato de sólido, é un formato con infinidade de puntos da superficie externa da peza que queremos imprimir.

Para converter un arquivo de sólidos a STL é necesario un programa CAD, o programa da impresora non realiza estas conversións.

Instalación

Primeiramente, descarga o software gratuíto da páxina: cura-software ou de cura-software/list

Este software está dispoñible para Windows, Linux e Mac (a instalación inclúe o controlador para Arduíno).

Instalación en Linux


Instalación en Linux
En Linux non fai falta instalar nada. Só hai que descargar o ficheiro AppImage, situalo no escritorio (ou onde queiras) e darlle permisos de execución.

Instalación en windows


Instalación en windows

Unha vez descarguemos a instalación teremos que seguir os seguintes pasos:

Na primeira fiestra vainos a aparecer a ruta onde queremos instalar o programa. Podedes indicarlle unha ruta ou deixar a que trae por defecto.

instalacionw_1

Na seguinte pestana van aparecer os compoñentes que se desexan instalar. Ademais de instalar CURA, o instalador dá a opción de instalar os drivers de Arduino e soporte para abrir diferentes formatos. Recoméndase marcar polo menos a opción para abrir arquivos en formato STL, xa que é o formato máis común.

instalacionw_2 instalacionw_3

Unha vez pulsado o botón instalar, a instalación empezará automaticamente. Ao terminar coa instalación dos drivers, abrirase unha última fiestra que nos indica a finalización do proceso de instalación e daranos a opción de executar o programa por primeira vez.

 

Asistente de configuración inicial

Unha vez instalado o software, ao executarse o programa por primeira vez, vaise a abrir o asistente de configuración inicial, onde se vai a indicar ao software parámetros básicos que van depender do tipo de impresora.

asistente_1

Na segunda pestana do asistente de configuración, debedes seleccionar o modelo da vosa impresora. Se a vosa impresora non é unha Ultimaker ou unha Printbot, seleccionar en “Other” e abrirase outra fiestra con máis opcións.

Para a impresora Legio León 3D dotación dos institutos seleccionar Prusa i3

asistente_2

Se o voso modelo de impresora non se atopa entre os anteriores, seleccionar “custom” e abrirase unha pestana onde debedes de indicar os parámetros básico da vosa máquina, como o volume de impresión, o tamaño da boquilla do HotEnd ou se posúe cama quente ou non.

agregar-impresora_2 Unha vez completado o asistente de configuración, xa teredes CURA totalmente operativo.

Cambiar o idioma

Podemos cambiar o idioma da contorna do noso programa Cura. No menú Preferencias > Configurar Cura…

preferencias_es

Configurar o programa coas dimensións da nosa impresora

Unha vez elixida a nosa impresora podemos tamén configurar manualmente as dimensións da nosa impresora, seguindo os seguintes pasos:

Acceder ao menú Preferencias > Impresoras, seleccionamos na lista a nosa impresora, fai clic no botón de <<Ajustes de la máquina>>

Aparecerá unha fiestra na que introduciremos os datos relativos a nosa máquina. Por exemplo, para unha Bq Prusa i3 Hephestos os datos serían os seguintes:

ajustes-maquina-bq-prusa

Uso do rato

Para poder comezar a funcionar co programa será necesario saber as seguintes combinacións do rato para facilitarnos a visibilidade e orientación das pezas:

  1. Zoom: realizase co «Scroll» do rato, dándolle a roda cara adiante (+Zoom) e cara atrás (-Zoom), outra maneira e mantendo clicado o «Scroll» mover o rato cara adiante (+Zoom) ou cara atrás (-Zoom).
  2. Rotar a vista: realizase mantendo clicado o botón dereito do rato e xirando en orbita o rato.
  3. Arrastrar pezas: realizase pulsando sobre a peza e arrastrando a mesma a onde sexa queira.

Contorna de Programa

Cando iniciamos CURA, se xa configuramos os parámetros básicos do asistente de configuración, vainos aparecer a pantalla na que xa podemos traballar.

 



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.