Impresión 3D

tecnoloxia.org

Introdución a Onshape

onshape

Que é Onshape?

Onshape é un programa de deseño CAD 3D  na nube.

Esta aplicación online de CAD 3D foi desenvolvida polo equipo fundador de SolidWorks. Funciona sobre un navegador web (Chrome, Safari, Firefox) e en calquera ordenador (Windows, Mac, Linux, Chromebook), non hai que descargar nin instalar software nin licenzas.

Todos os proxectos quedan gardados de forma automática e segura na nube e están sempre up-to-date, para que poidas cambialos no teu teléfono, tablet ou no navegador web. Tamén podes compartir os  documentos con outras persoas e traballar sobre as mesmas pezas e montaxes en tempo real.

onshape_andriodRexistra unha conta na web: https://www.onshape.com/

Ou baixa a aplicación Onshape no teu teléfono ou tablet Android ou iOS, e despois rexistra unha conta.

O Futuro CAD está aquí!!

Como deseñar en 3D?

O procedemento é o mesmo que en calquera programa CAD: a partir dun esbozo (elemento 2D)
crearemos un sólido que poderemos seguir modelando mediante as ferramentas de transformación
(redondeo, chafrán, booleana,…) se sexan necesarias.

2da3d

Pódese tamén traballar sobre sólidos feitos por outras persoas ou en outros programas, e editar o que se desexe.



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.