Listos para imprimir: Exportar a .stl

Unha vez que xa temos lista a nosa peza imos exportala no formato .stl.

Que é o formato .stl?

[By Kaboldy CC BY-SA from Wikimedia]
[By Kaboldy CC BY-SA from Wikimedia]
É un formato de arquivo de deseño asistido por computador (CAD), que define a xeometría de obxectos 3D. Utiliza unha malla de triángulos pechada para definir a forma do obxecto. Canto máis pequenos son os triángulos, maior será a resolución do ficheiro final. O tamaño dos triángulos está directamente relacionado co peso do ficheiro, polo que é aconsellable chegar a unha solución de compromiso entre a resolución e o peso do ficheiro.

Para que necesitamos o arquivo .stl?

O arquivo .stl, será o que utilizaremos no noso programa de laminado, por exemplo, CURA, para preparar a nosa peza para imprimila en 3D.

Imos abrir unha peza en Onshape, xa rematada.

Facemos clic co botón dereito do rato sobre ela:

exportarstl1

Escollemos a opción de Export…

Escollemos o formato .STL

exportarstl2

Agora, escollemos as unidades, a resolución, a opción de descargar e dámoslle un nome á peza:

exportarstl3

E listo! Xa temos o noso arquivo en .stl para a continuación abrilo no noso programa de laminado!