Impresión 3D

tecnoloxia.org

Material: Temperatura, filamento e retracción

materialTemperatura de impresión

Controla a temperatura do extrusor, o que é o mesmo, da boquilla do HotEnd.  Temos que axustar a temperatura en función do plástico que vaiamos utilizar.

Os plásticos máis comúns son o ABS e o PLA. Para ABS fixaremos unha temperatura de 220-240º e para o PLA de 190-210º.

Para o polímero que usaremos normalmente, PLA (poliácido láctico), unha temperatura de impresión recomendada é de 210 ºC.

Diámetro

Establece o diámetro do filamento que utilizamos. Os diámetros que se usan comunmente son de 3mm e 1.75mm.

O máis habitual é utilizar filamentos de 1.75 mm.

Fluxo

O fluxo é o 100 % xa que o material non está cargado con ningún tipo de fibra ou material.

Retracción

retraccion

[http://wiki.ikaslab.org – problemas na retracción – CC BY]

O extrusor retrae o filamento cando vai desprazarse en baleiro (sen imprimir) para imprimir unha parte da peza illada o outra peza localizada na mesa. Isto ten a finalidade de evitar que se creen fíos de plástico que son arrastrados co extrusor e deixan un mal acabado superficial.

A retracción debe estar activada, xa que senón quedarán rebabas.

Distancia de retracción:

Indica a cantidade de filamento que vai a retraer. Distancias pequenas reducen o tempo de impresión, pero empeoran a calidade e viceversa. Por defecto trae 4.5 mm que é un valor que funciona ben.

Podemos recomendar:

  • Baixa calidade: 0 a 3 mm
  • Media/boa calidade: 3 a 4.5 mm (recomendada 4.5)
  • Boa/alta calidade: 4.5 a 6.5 mm

Velocidade de retracción

Velocidade á que realiza a retracción. Este parámetro ten unha ampla marxe de traballo, por defecto trae 40mm/s que é unha velocidade á que funciona ben.

Pódese aumentar a velocidade moito mais, pero unha velocidade moi elevada pode mellar o filamento, que se atasque ou que o motor se “salte pasos” e estragar a impresión. Unha velocidade reducida incrementará o tempo de impresión.



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.