Impresión 3D

tecnoloxia.org

Outras maneiras de crear volume: Revolución

Obxectivo:

Imos a facer as seguintes pezas!

cilindro doble-cono   flotador revolucion-letra

ferramnetas-volumeFerramentas:

Estas ferramentas son as que usaremos para dar volume os nosos esbozos.

A ferramenta <<Revolution>>, é a que imos a utilizar nesta práctica. Permite dar volume á xeometría 2D creada coa lonxitude desexada, nunha dirección concreta e, se fose preciso, con ángulo de saída.

Podemos delimitar o alcance da nosa revolución. Se fas clic na frecha da dereita de Full, aparecen varias opcións:

  • Full: rota o perfil 360º, creando unha figura de revolución completa.
  • One direction: o perfil revoluciónase un ángulo dado e nunha dirección dada.
  • Symmetric: o perfil revoluciónase un ángulo dado simetricamente dende o plano no que está contido. (OLLO, se se pon 50º, revolucionará 25º nunha dirección e 25º noutra).
  • Two directions: o perfil revoluciónase en dúas direccións a partir de dous ángulos dados, un para cada dirección e partindo sempre dende o Sketch.

Esta mesma ferramenta permite facer a operación contraria, que é facer buracos a partir de xeometría 2D nun sólido.

Práctica:

Imos xa a debuxar!

  1. Abre a túa conta en Onshape,  no botón <<Create>>, crea un novo documento co nome Revolucion.
  2. Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>.
  3. Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Right. Fai clic co botón dereito encima do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
  4. Debuxa un rectángulo cun dos seus lados coincidente co eixe Z, de 25mm x 35mm.

Xa temos o noso esbozo pechado que se revolucionará.

Revolución!

  1. Necesitamos o eixe de revolución. Para facelo, fai clic na ferramenta <<Construction>>, e seguidamente debuxa unha liña coincidente co eixe Z (lembra que é unha liña auxiliar, aparece  —·—·—·—·—·— con este aspecto). Xa estamos listos para darlle volume!revolveLembra cambiar a túa vista a Trimétrica.
  2. menu-revolutionrevolveFai clic na frecha da dereita da ferramenta de <<Extrude>>, e selecciona <<Revolve>>
  3. Imos a crear un sólido novo.En Face and sketch regions to revolve, seleccionamos o sketch 1.
  4. En Revolve axis, seleccionamos a liña auxiliar debuxada. Nós imos seleccionar Full, e xa temos o noso cilindro!
    cilindro
    Ver en Onshape

Exercicios complementarios

Crea os seguintes sólidos

doble-cono   flotador

Reto

Serás capaz de crear a seguinte figura?

revolucion-letra

Dúas pistas: Utiliza a ferramenta <<Text>>, no skecth para escribir a palabra Revolución.

Fíxate nestas opcións

pista-revolucion-letra



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.