Impresión 3D

tecnoloxia.org

Configuración de impresión

Ter unha configuración adecuada á hora de laminar a peza que queremos imprimir é case tan importante como ter a impresora ben calibrada. Unha configuración deficiente ou que non se adapte ás características da nosa impresora vai dar como resultado impresións de mala calidade. Para saber os parámetros exactos cos que a nosa máquina traballa ben non queda outra que facer probas ata conseguir os valores aos que saquemos a máxima resolución.

Os valores que mostramos a continuación son valores orientativos e que na maioría dos casos darán bos resultados, pero cada máquina ten unhas características concretas e pode que estes valores non saquen o maior rendemento da vosa máquina.

Inicialmente, Cura ofrécenos unha configuración recomendada para a nosa impresión, pero podemos personalizar os nosos parámetros para así optimizar a calidade da impresión e o tempo de impresión na opción Personalizado.

configuracion-recomendada

Nas seguintes páxinas falaremos de cada un dos parámetros cunha breve explicación da súa influencia no proceso.



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.