Perímetro: grosor

perimetroGrosor da parede

Este parámetro determina a anchura das paredes laterais do obxecto, xa que sempre se fará unha parede maciza do espesor que se programe.

O valor deste parámetro vai estar influído directamente polo diámetro da boquilla do HotEnd, sendo este valor igual ao diámetro da boquilla do HotEnd multiplicado polo numero que voltas que queiramos dar ao obxecto.

Por exemplo, se o noso HotEnd ten unha boquilla de 4mm e queremos que polo menos dea 2 voltas ao borde do obxecto, debemos de poñer un valor de 0.8mm. O valor que debemos de introducir neste parámetro dependerá da tipoloxía da peza e do recheo que usemos, pero o normal é facer un borde con 2 ou 3 voltas.

Recomendamos non baixar de 1 mm. Un valor de 1.2 mm é un valor estándar que dá bastante bo resultado.

Incrementar este valor supón incrementar o tempo, o peso, pero conséguese unha maior rixidez da peza.

Grosor superior/inferior

Con este parámetro indicaremos que grosor terán as partes superiores e inferiores. As capas que as compoñen non se ven afectadas pola configuración de recheo, polo que serán capas macizas. Dependendo da figura que queiramos imprimir e do recheo que usemos imos necesitar máis ou menos capas.

O valor do grosor de capa hai que indicalo en milímetros, polo que hai que multiplicar o valor da altura de capa polo numero de capas que queiramos. Por exemplo, si estamos imprimindo cunha altura de capa de 0.2mm e queremos ter 3 capas macizas, haberá que introducir neste parámetro 0.6mm.

O normal é usar 3 ou 4 capas, pero nalgunhas pezas para ter un bo acabado imos necesitar algunhas mais, por exemplo no caso de utilizar unha densidade de recheo moi baixa ou cando a altura de capa é moi pequena.

En xeral, se non hai preferencias por cambiar o a espesura, recoméndase  que sexa o mesmo que o parámetro anterior de grosor de parede, 1.2 mm. Este número é recomendable que sexa un múltiplo da altura da capa.

Outros parámetros

Hai outros parámetros interesantes que podemos axustar e que nos poden resultar útiles:

  • Patrón superior/inferior: Podemos modificalo para que as liñas da primeira e/ou última capa sigan un patrón determinado (liñas, concéntrico ou zigzag)
  • Alternar parede adicional: Imprime unha parede adicional cada dúas capas para atrapar mellor o recheo, facendo que as impresións sexan máis sólidas.
  • Encher espazos entre paredes: Supón que queres unha parede dun milímetro de espesor. Se o ancho da boquilla é de .4 mm só caben dúas capas e quedará un espazo baleiro entre elas. Esta opción fai que este oco se encha.
  • Aliñación de costuras en z: Evita a costura vertical que se produce cando as capas empezan sempre nun mesmo punto.
  • Habilitar alisado: pasa pola superficie da última capa sen extruír material, facendo un alisado da superficie. Aumenta considerablemente o tempo de impresión.

 

 


Deixa un comentario