Primeiros pasos

Como acceder

Imos ao seguinte link: https://www.onshape.com/

Na parte superior a dereita, temos «Create account» para crear unha conta persoal, onde se vai almacenar o que deseñemos.

primeiros-pasos

Cambiar unidades

Antes de comezar a debuxar teremos que por as unidades do programa no Sistema Internacional:

  1. Desprazar o rato hasta a esquina superior dereita e localizar o nome da conta que creamos.
  2. Despregar o menú e fai clic en «My Account».
  3. A esquerda, en «My account» na terceira opción temos «Preferences», fai clic nela.
  4. No menú «Units» poñemos as unidades do S.I:
    • Lenght units: Millimiter
    • Angle units: Degree
    • Mass units: Kilogram
  5. Fai clic en «Save Changes» e dálle á icona de inicio (a icona de Onshape na marxe esquerda superior).

Crear unha nova peza

Para esbozar, teremos que crear unha nova peza, para isto teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Na marxe esquerda superior, atopamos o botón «Create».
  2. Nos aparecerá unha xanela, na que deberemos escoller o título da peza e se a peza será pública ou privada; unha vez completado, pulsamos «OK».
  3. Cargarase unha pantalla onde teremos todas as ferramentas para crear e transformar sólidos.

crear-esbozo

Uso do rato

Saber conseguir un correcto zoom e orientación da peza que imos crear é importante para traballar de forma rápida e cómoda.

As funcións principais fanse da seguinte maneira:

  • Zoom: realízase coa roda do rato (Scroll).
    • +Zoom: Scroll cara adiante.
    • -Zoom: Scroll cara atrás.
  • Desprazar: mantendo pulsado a tecla Ctrl  e  mantendo pulsado o  Scroll e arrastrando.
  • Rotar: situamos o cursor no centro de onde queremos rotar, facemos clic co botón dereito e rotamos, ou tamén mantendo pulsado o  Scroll.

Esbozar

  1. Na marxe esquerda superior, fai clic en «Sketch».
  2. Agora teremos que indicar o plano no queremos debuxar o perfil 2D, un dos que están predefinidos (Top, Front e Right) ou crear outro previamente na 5º icona empezando pola dereita, onde teremos varias opcións para crear este plano. Imos seleccionar o plano Top.
  3. onshape_cuboUnha vez escollamos o plano aparecerá rodeado por un recadro máis grande, que porá o nome do Sketch, Sketch 1, neste caso; para comezar a debuxar o máis cómodo é por unha vista normal o plano, para isto:
    Botón dereito encima do plano do Sketch 1,  e seleccionaremos a opción «View normal to sketch  plane», se este nos quedase nunha orientación non desexada poderíamos orientalo co menú da marxe  dereita.
  4. Cando esteamos dentro do noso Sketch o menú superior cambiará de ferramentas, pasará a ter as ferramentas de esbozar.

ferramentas-croquizar

 


Deixa un comentario