Sacando volume

Obxectivo:

Imos a crear unha nova peza un pouco máis complexa!

peza2

Práctica:

Preparamos a área de debuxo:

Temos dúas opcións, crear un documento novo ou crear distintos debuxos no mesmo documento.

  • No primeiro caso procede como antes: Abre a túa conta en Onshape,  no botón <<Create>>, crea un novo documento co nome Peza02.
  • No segundo caso, na parte inferior do documento selecciona + e <<create Part Studio>>. Crearase unha nova pestana. Facendo clic co botón dereito selecciona <<rename>> para poñerlle nome.
  1. Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>.
  2. Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Top. Fai clic co botón dereito encima do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.

Comenzamos a debuxar!

 

Debuxamos as circunferencias:

Crea dúas circunferencias, unha centrada no orixe de coordenadas e outra coincidente co eixe X. Se pasas o rato por riba do centro de cada circunferencia verás se coinciden co eixe X e co orixe de coordenadas.

boton-act-desactNota: Fíxate que cando fas clic nun botón, este queda activado cun sombreado azul, para desactivalo podes facelo de dúas maneiras:

  • Pulsa a tecla ESCAPE.
  • Fai de novo clic nese botón.

Acotar

Agora imos a acotar o noso esbozo. Fai clic en <<Dimension>>,dimension e logo selecciona a circunferencia. Ponlle un diámetro de 30 mm, á outra de 50 mm, e distancia entre centros de 60 mm.

Como podes notar, agora o esbozo, sketch, cambiou de cor, xa non é azul, agora é negro. Isto quere dicir que o noso esbozo está totalmente definido.

 

Liña e relacións de xeometría 2D

Debuxa unha liña por riba das circunferencias, separada delas.

tanxencia

Imos a establecer relación entre estes tres elementos:

  1. Selecciona a recta e unha circunferencia, e fai clic no botón de <<Tanxencia>>.
  2. Repite o paso anterior coa outra circunferencia.

coincident1Agora imos a facer os puntos de principio e fin da recta coincidentes cos puntos de tanxencia.

  1. Fai clic no punto do principio da recta e a primeira circunferencia e logo fai clic en coincidentes .
  2. Repite o paso anterior para o punto final da recta e a segunda circunferencia.

 

Simetría

mirrorRealizaremos agora unha simetría con respecto a esta liña auxiliar utilizando a ferramenta espello (Mirror). os pasos a seguir son:

  1. Premer na ferramenta <<Mirror>>.
  2. Selecciona a liña que utilizaremos para facer a simetría (eixe X)
  3. Selecciona os elementos do noso esbozo que queremos duplicar (a liña tanxente).

construction

Se quixésemos facer unha simetría respecto a unha liña que non sexa un eixe de coordenadas debemos crear unha liña de construción. O que debuxemos con esta ferramenta non ten influencia á hora de realizar as operacións de xeración de sólidos, simplemente axudan no esbozo.

antes-simetria

 

Recortar

recortarImos a recortar os anacos das circunferencias que sobran coa ferramenta recortar (Trim), que permite recortar/estender tramos de liñas sobrantes hasta o punto máis próximo, introducindo relacións de coincidencia entre estes dous puntos.

Este botón ten tres opcións:

  • Trim: esta primeira opción recorta o sobrante ata o punto máis próximo que se lle indique.
  • Extend: esta segunda opción estende a liña ata o punto máis cércano que se indique.
  • Split: divide xeometría por un punto dado, resultando dous fragmentos xeométricos  independentes.

Activa o botón <<Trim>>, e fai clic sobre os anacos interiores das circunferencias.

 

Extruír

Imos a darlle volume!

Fai clic no botón <<Extrude>>, extrudeagora para ver mellor a extrusión, seleccionamos a perspectiva Trimétrica, fai clic en   perspectivas (no lado dereito da pantalla)  e selecciona Trimetric.

Selecciona Blind e a frecha cara arriba. Dálle de profundidade 30 mm (Depth=30mm).

peza02

 

Reto:

Crea esta nova peza, editando o esbozo da peza02.

peza02_2

Utiliza unha nova ferramenta <<Offset>> offset

Esta ferramenta crea perfiles paralelos ós que realizamos, a unha separación dada, tanto cara ó interior como ó exterior.

Primeiro selecciónase o perfil, despois dámoslle á icona <<Offset>>, e indicámoslle a dirección e a medida.

 

Outro reto!

E se agora redondeamos tódalas bordes da nosa peza?

peza02_3

redondeoUnha pequena axuda!

Unha vez teñamos o noso sólido inicial poderemos redondear as súas arestas cun radio dado.

  • No recadro «Entities to fillet» seleccionaremos as arestas para redondear.
  • No recadro inferior seleccionaremos o radio do redondeo.

En ocasións non se poderá facer redondeo por motivos xeométricos; por exemplo non se pode redondear cun radio de 10mm unha aresta cuxo lado ten 3mm de ancho.

 


Deixa un comentario