Soporte

Este parámetro controla a creación de material de aporte no caso de beirís ou zonas nas que a gravidade non permite a correcta deposición do material para realizar unha capa.

Se non se habilita o Soporte, non se fará ningún apoio.

  • Tocando a placa de impresión: a máquina so fará apoios que teñan como base a mesa de impresión, nunca se apoiará na peza.
  • En todos sitios: a máquina ten liberdade para xerar material de apoio na mesa e na propia peza, estragando un pouco o seu acabado final.

Para a seguinte figura recoméndase habilitar o soporte e permitir en todos sitios.

900px-soporte
[http://wiki.ikaslab.org – soporte – CC BY]
Tamén podemos seleccionar o patrón de soporte e a súa densidade segundo queiramos un soporte robusto ou fácil de quitar. Un doado que extraer é o patrón en zig-zag e cun 15% de densidade.

[ ultimaker.com ]
Ademais podemos configurar outros parámetros do soporte, como a súa distancia de separación coa peza.

  • Distancia z do soporte: debe ser como mínimo a altura de capa que esteamos utilizando, para que quede unha capa sen imprimir entre o soporte e a peza.
  • Distancia X/Y do soporte: é a distancia que hai entre o soporte e as paredes X/Y da peza. Aumentando este valor podes evitar que se produza soporte en certas zonas, como buratos pequenos que non o precisarían.

 

Soporte en árbore

Na sección de parámetros experimentais que incorpora a versión 3.2 de Cura podemos atopar o “soporte en árbore”, que utiliza ramas que medran e se multiplican cara ás áreas que necesitan soporte, producindo menos puntos de contacto co modelo e obtendo, polo tanto, mellores acabados superficiais.

Eliminar partes do soporte

No menú esquerdo podemos seleccionar o bloqueador de soporte, que permite eliminar o soporte nas paredes que seleccionemos.

 


Deixa un comentario