Impresión 3D

tecnoloxia.org

Velocidade

velocidadeVelocidade de impresión

Fixa a velocidade á que se vai a realizar a impresión da figura.  Como referencia, podedes fixar este valor en 40mm/s.

Velocidade de desprazamento

Fixa a velocidade á que se vai a mover o extrusor ao desprazarse dun punto a outro da máquina. Está configurado por defecto a 150mm/s. Con algunhas impresoras pode ser un movemento demasiado rápido polo que se recomenda baixalo a 120 mm/s.

Velocidade de capa inicial

Este parámetro establece a velocidade de impresión da primeira capa. É moi importante para a adherencia da peza realizar a primeira capa a baixa velocidade, polo que se deberá de fixar a un valor inferior á velocidade de impresión normal. Un valor co que se obtén un bo resultado na maioría de impresoras é 20 mm/s.



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.