Insecto luminoso

Este é un divertido insecto cuxos ollos emiten unha luz que parpadea cando sopra o vento:

Trátase dun circuíto cunha pila de botón e dous LEDs. Unhas longas antenas móvense co aire e, cando tocan nos “cornos” do insecto, péchase o circuíto e acéndense os LEDs.
O circuíto é moi sinxelo. O que máis traballo pode levar é o axuste axeitado das antenas para conseguir o efecto intermitente.

En Make podes ver as instrucións para montalo
insecto.jpg
MKKM1-2.jpg


3 comentarios en “Insecto luminoso”

  1. Poderíase facer unha combinación de ambos, colocándolle as antenas do insecto ao robot cepillo, ou colocando un motor con excéntrica ao insecto.
    Dese xeito obtemos os dous efectos á vez: desprazarse e luces intermitentes nos ollos.
    Ademais, coa vibración do robotiño xa non necesitamos que faga vento para que os ollos parpadeen.

    Responder

Deixa una resposta a Iván Cancelar a resposta