tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Manifesto en defensa da lingua galega de APETEGA

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, aprobou na pasada asemblea o seguinte comunicado:

Manifesto en defensa da lingua galega

Como asociación de profesorado, queremos manifestar a nosa preocupación ante a intención do novo goberno de Galicia de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

Consideramos que a lingua galega forma parte da riqueza e da idiosincrasia do noso país, e como todos sabemos o seu uso está en alarmante retroceso. Dende as institucións educativas debe ser transmitida e apoiada para fomentar o seu uso, buscando unha situación de igualdade real entre as dúas linguas de Galicia.

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2009

linguassuman.jpgA título particular, considero que utilizar a lingua e a educación como arma política é un feito lamentable e completamente irresponsable. A lingua é cultura e nos centros de ensino trasmitimos ante todo cultura, e iso debe defenderse sempre, con independencia das políticas dun goberno ou dos intentos de censurar información que recordan a épocas pasadas.

O ensino debe estar guiado sempre polo rigor científico e por criterios educativos, e non por intereses políticos que desprezan a cultura e a liberdade de información e de expresión.


2009061723335052704.jpg

Tríptico da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: “As linguas suman

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

2 Comments

  1. Eu como alumno que estiben nun instituto (xa fai anos) no que a maioría de profesores falaban en galego, non podo dicir que me gustará iso, dabame máis ou menos igual. Eu penso que o correcto sería un 40 % castelán, un 40 % galego e outro 20 % en inglés

  2. Pharpe, actualmente o decreto do galego no ensino establece un 50% do ensino en galego, e foi aprobado por unanimidade por tódalas forzas políticas, e cun amplísimo consenso social. Agora a intención parece que é a de reducir o ensino en galego á mínima expresión, rompendo co consenso, con prodecementos que deixan moito que desexar, saltándose o debate social, e guiándose exclusivamente por intereses políticos, non educativos nin culturais. É lamentable o que están a facer.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.